Para o envío das pezas inscritas tense que respectar o formato libre e aberto (PDF/JPG/TIF), con resolución de entre 150 e 300 ppp para unha boa lectura. Ademais, deberase achegar o índice final do total de pezas inscritas nesta edición dos Premios da Comunicación e do Marketing de Galicia.
Tamén hai que incluír o URL de descarga no mesmo formulario de inscrición. Só se valorarán os proxectos que estean incluídos no enlace de descarga.
As pezas teñen que manterse no Dropbox e o link ten que estar operativo ata o 10 de novembro de 2017.