All You Need
In One Single
Theme.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat
Search here:

Aviso Legal

Home > Aviso Legal

Consonte ó previsto na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e normativa concordante, poñemos a disposición do usuario deste sitio web información sobre a súa titular, así como das condicións que regulan o acceso, navegación e uso de cada unha das páxinas web accesibles baixo o dominio http://www.premios.clustercomunicacion.gal (“O Sitio Web”).

A fin de garantilo acceso a esta nota legal e demais información requirida pola normativa de aplicación (“Política de Privacidade” e “Política de Cookies”),  ditas mencións se poñen a disposición do usuario do Sitio Web (“O Usuario”) dende tódalas súas páxinas.

Información sobre a Titular do Sitio Web

O Sitio Web pertence a ‘clÚster do produto gráfico e do libro galego’ (‘CLÚSTER DA COMUNICACIÓN GRÁFICA’), entidade provista de N.I.F. G-70.115.282, con sede en Rúa/ Lope Gómez de Marzoa, S/N (local 13), C.P. 15.705, Santiago de Compostela (A Coruña) e inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Xunta de Galicia a día 13 de xullo de 2016, có número 2016-20541-1.

Contacto

O Usuario poderá comunicarse có CLÚSTER telefónicamente, chamando ó 881 977 102, por e-mail dirixido á dirección de correo electrónico info@clustercomunicacion.gal ou empregando o formulario de contacto que se pon a disposición do Usuario no apartado “CONTACTO” accesible dende o Sitio Web.

Cando o Usuario se dispoña a achegar ó CLÚSTER consultas a través do formulario de “CONTACTO”, haberá de marca-la caixiña situada a carón da seguinte mención “Lin e entendín a Política de Privacidad do CLUSTER DA COMUNICACIÓN GRAFICA”, onde atopará información sobre como se tratarán os datos persoais que o Usuario proporcione a través de dito formulario. Do contrario, a súa consulta non chegará a coñecemento do CLUSTER porque o sistema impedirá o seu envío ata que non lea e marque a caixiña indicada, precisamente, para protexe-la privacidade do Usuario.

Propiedade intelectual

  • A propiedade intelectual das creacións que configuran o Sitio Web (código fonte, deseño, estrutura de navegación, textos e demais) pertence ó CLÚSTER, ben por gozar da titularidade exclusiva dos dereitos de explotación de tales elementos ou por contar cás licenzas de explotación correspondentes.
  • En consecuencia, queda prohibida calquera forma de explotación (reprodución, distribución, cesión a terceiros, comunicación pública e transformación) de todo ou parte do Sitio Web ou da información e elementos contidos no mesmo, sen previa autorización concedida expresamente polo CLÚSTER, do que se exceptúa a visualización ou impresión de contidos para uso persoal e privado. No caso de incumprimento de tales previsións, o Usuario infractor exporase ás consecuencias que lle deparen as reclamacións pertinentes, segundo o previsto na lexislación vixente.

Actualización de contidos

O CLÚSTER se reserva a facultade de renovar os contidos do sitio Web para introduci-las melloras que estime convenientes, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso ó Usuario do Sitio Web.

En particular, lembre que o CLÚSTER poderá modificar as presentes condicións cando o considere oportuno. Por elo, prégase ó Usuario que proceda a consultas cada vez acceda ó Sitio Web ou, como moito, a intervalos breves de tempo, se é que accede habitualmente ó Sitio Web.

Exención de Responsabilidad. Links de terceros

O CLÚSTER non garante a ausencia de erros ou interrupcións no acceso ó Sitio Web, nin que este se atope actualizado en todo momento. En todo caso, o CLÚSTER acometerá as tarefas que sexa preciso para corrixir tales incidencias en canto teña noticia delas, salvo que existan causas que o impidan puntualmente ou retrasen ditas tarefas por mor da complexidade que leve aparellada a súa execución.

Por outra banda, infórmase ó Usuario de que o feito de que o CLÚSTER chegue a vincular/re-dirixir a informacións e servizos de terceiros dende o Sitio Web, dita relación non suporá que exista colaboración ou dependencia algunha entre o CLÚSTER e o responsable do sitio web alleo.

En todo caso, o previamente exposto supón que o CLÚSTER non se fai responsable dos contidos, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos, que se localicen en tales sitios web alleos, nin asumirá responsabilidade algunha polos danos que chegasen a producir no sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario.

Asemade, o CLÚSTER tampouco será responsable dos danos que poida experimentar o sistema informático, documentos ou ficheiros do Usuario debido á presenza de erros de seguridade presentes no propio equipo que o Usuario empregue para acceder ó Sitio Web (p. ex. virus), nin dos danos que o Usuario padeza por un funcionamento deficiente do navegador que empregue para elo.

Intervención dos Usuarios

Na medida en que o Usuario empregue o perfil do CLÚSTER en redes sociais para difundir contidos ou comentarios que poidan infrinxi-la lexislación vixente ou a mesma política de uso e privacidade da respectiva rede, o CLÚSTER resérvase o dereito a promove-la súa eliminación ante dita rede social sen previa comunicación nin autorización do Usuario, así como a promover denuncia ante as autoridades competentes se o potencial contido ilícito da conducta en cuestión o require.