10º Premios Paraugas
Ferrol 21.Nov.25
Premios da comunicación e do márketing de galicia
Os Premios Paraugas – Premios da Comunicación e do Márketing de Galicia – nacen no ano 2016 para poñer en valor a calidade e o excelente traballo das empresas, institucións e profesionais no ámbito da comunicación e o márketing en Galicia.
Na súa décima edición, os Premios Paraugas adáptanse a un novo contexto do sector, máis transversal, integrado e cambiante. Esta proposta formula unha simplificación de categorías, incorporando criterios transversais como a responsabilidade social ou a sustentabilidade, e equilibrando o peso entre disciplinas con maior representación (deseño, creatividade, marketing).
Estrutúranse en tres bloques: Premios por Categorías e Premios Especiais e Premios Honoríficos.
A gala de entrega da décima edición celebrarase en Ferrol o 21 de novembro de 2025
Categorías
Paraugas 2025
Nesta 10ª edición, os Premios Paraugas contan con 10 premios por categorías:
- Premio Paraugas á mellor produción gráfica
- Premio Paraugas á mellor solución de deseño
- Premio Paraugas á mellor idea creativa
- Premio Paraugas á mellor campaña publicitaria
- Premio Paraugas á mellor estratexia de márketing
- Premio Paraugas á mellor acción de branding
- Premio Paraugas á mellor estratexia global de comunicación
- Premio Paraugas á estratexia máis eficaz
- Premio Paraugas ao mellor evento profesional ou corporativo
- Premio Paraugas ao mellor evento cultural, gastronómico ou musical
Premios
Especiais
Ademáis, o Cluster da Comunicación de Galicia establece os seguintes Premios Especiais:
- Premio Paraugas Novos Talentos
- Premio Especial do Público
- Premio Paraugas Galicia Calidade
- Premio Paraugas ao Anunciante do Ano
- Premio Paraugas de Ouro

