All You Need
In One Single
Theme.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat
Search here:
Coñece os gañadores

A VIII edición dos Premios Paraugas xa ten gañadores!

O teatro Jofre de Ferrol viviu unha velada apaixoante na que se galardonaron a calidade e excelencia dos traballos galegos nos eidos do márketing e comunicación deste ano. Un punto de encontro entre empresas, institucións e finalistas no que se celebrou a gran festa da comunicación de Galicia.

E… os finalistas dos Premios Paraugas 2023… son!

O xurado da VIII edición dos Premios Paraugas vén de validar as candidaturas deste ano e acabamos de coñecer o seu veredicto! Xa podes consultar os finalistas dos VIII Premios Paraugas.

Os gañadores coñecerémolos este venres en Ferrol, o día o que se celebrará a gran gala.
Non perdas a túa cita anual coa gran festa do márketing e a comunicación de Galicia!

Luis Bassat e Rosa Vilas, Premios Honoríficos dos VIII Premios Paraugas

Os Premios Honoríficos da VIII edición dos Premios Paraugas xa teñen nome e apelido. A xunta directiva do Clúster recoñecerá a figura da xornalista Rosa Vilas, pioneira do sector, e a do publicista Luis Bassat, un referente internacional en márketing e comunicación.

Un xurado de excelencia nos Premios Paraugas 2023

O xurado da VIII edición dos Premios Paraugas está formado por un grupo de profesionais dunha amplia traxectoria laborar que serán os encargados de avaliar  o traballo creativo, os proxectos editoriais, os deseños e as pezas publicitarias e de márketing que compiten nas seis categorías que conforman o certame.

O concello de Ferrol acolleu a rolda de prensa da VIII edición dos Premios Paraugas

A presentación desta nova edición veu da man do Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, a Directora da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Patricia Argerey, o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a Directora Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiro e o Presidente del Clúster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil. Así, destacaron as dúas novidades máis importantes desta nova edición: o cambio de sede dos premios de Ourense a Ferrol e a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro e o Premio Novos Talentos.

Galería de fotos 

Foto familia con todos los ganadores

Así foron os Paraugas 2022

O talento e a creatividade déronse de novo cita na VII edición dos Premios do Márketing e a Comunicación en Galicia.

Coñece aquí os mellores proxectos no eido da impresión e edición, márketing dixital, eventos, comunicación, creatividade, márketing e deseño e como foi a gala da pasada edición.

Así foi a gala!

Premio Honorífico

Xabier Fortes, Jose María Lapeña

O xornalista Xabier Fortes e o publicista José María Lapeña premio Paraugas honoríficos da sétima edición

O Cluster de Comunicación de Galicia vén de facer público os dous premios honoríficos que se entregarán na VII edición dos Premios Paraugas da Comunicación e do Marketing galegos, que se celebrará o vindeiro venres 18 de novembro en Exopourense. Os homenaxeados son o xornalista pontevedrés Xabier Fortes e o publicista José María Lapeña. 

Ler máis…

Búscanos nas redes!

Icono Youtube