Así foi a VII edición dos Premios Paraugas
O ano pasado pasámolo moi, pero que moi ben na VII edición dos Premios Paraugas. Unha cita, xa ineludible para todos nós, na que buscamos as mellores estratexias de creatividade, deseño, edición, industria gráfica, márketing e comunicación que sobresairon no 2022 pola súa innovación, funcionalidade e boas prácticas.
Deste xeito, desfrutamos das mellores pezas e estratexias de márketing e publicidade nunha gala conducida polos xornalistas Luis Fraga e Belén Xestal na que destacaron os mellores traballos en sete categorías: impresión e edición, deseño, creatividade, márketing dixital, márketing, comunicación e eventos. Ademais, tamén se fixo entrega de dous premios honoríficos que recaeron en mans do xornalista Xavier Fortes e do veterano publicista José María Lapeña.