Na súa décima edición, os Premios Paraugas da Comunicación e o Márketing de Galicia adáptanse a un novo contexto do sector, máis transversal, integrado e cambiante. Esta proposta formula unha simplificación de categorías, incorporando criterios transversais como a responsabilidade social ou a sustentabilidade, e equilibrando o peso entre disciplinas con maior representación (deseño, creatividade, márketing).

