Celebramos, un ano máis, a gran festa da comunicación e do márketing de Galicia. Esta nova cita dos Premios, que naceron co obxectivo de poñer en valor a calidade do traballo da nosa terra e galardonar así as pezas máis relevantes do ano, terá lugar o vindeiro 22 de novembro en Ferrol.
Dende o día 24 de setembro ata o 15 de outubro estará aberto o prazo de inscrición para presentar as candidaturas a IX edición dos Premios Paraugas. Trátase dun recoñecemento ós mellores traballos en función da creatividade, deseño, edición, impresión, márketing, comunicación e os eventos de orixe galega como medio para conseguir aumentar a competitividade e a capacidade innovadora.
Así, para esta nova edición, as bases recollen a seguintes categorías:
Pódese presentar calquera tipo de traballo impreso en papel (revistas, catálogos, libros, muestrarios ,etc.). O xurado valorará, entre outras cuestións, as técnicas e calidade de impresión, calidade dos materiais, acabados, encadernación, formato, etc.
Pódense presentar elementos gráficos de impresión en gran formato para a transmisión de mensaxes ou ideas de identidade corporativa, escaparatismo, escenografía, arte urbana, entre outras. Valorarase, entre outras cuestións, a complexidade da montaxe, a combinación de materiais, o impacto de marca conseguido ou a orixinalidade dos traballos desenvolvidos.
Proxectos profesionais de identidade corporativa, embalaxes (no aspecto visual), editorial, tipografía, cartelería ou calquera outra aplicación que empregue a linguaxe visual gráfica como fundamento na transmisión de mensaxes ou ideas.
Proxectos profesionais de produtos, elementos de iluminación, mobiliario, sinalética, embalaxe (no aspecto estrutural), maquinaria, solucións de escenografías, exposicións, stands, punto de venda ou calquera outro obxecto ou espazo físico que busque mellorar a súa funcionalidade conxugando os procesos de fabricación ou construción coas necesidades formais ou comunicativas.
Proxectos profesionais de aplicacións para móbiles, páxinas web, interfaces de software ou calquera outra aplicación dixital que empregue a linguaxe visual gráfica como ferramenta para facilitar a interacción e a usabilidade con ela.
Neste categoría prémiase un orixinal, unha peza, tanto gráfica como audiovisual, offline ou online. Aquela creatividade publicitaria que teña un impacto por encima das demais, independentemente do soporte: exterior, prensa, radio, aplicacións, televisión, cinema, envíos, chapas ou camisetas. Unha idea onde a forza a teña o concepto. En outras palabras, o orixinal máis creativo do ano en Galicia.
Nesta categoría prémiase unha campaña, un conxunto de pezas baixo un mesmo concepto e idea, con diferentes soportes pero cun mesmo nexo de unión. Deberá utilizar para a súa difusión un mix de medios offline e online. Un concepto transversal que potencia a creatividade independentemente do soporte, unha campaña que explore novos camiños e que nos abra a conceptos diferentes e diferenciadores. A campaña máis creativa do ano en Galicia.
Nesta categoría prémiase a forma de facer. A execución no seu aspecto máis puro en calquera medio: dirección de arte, deseño de produción, redacción, deseño gráfico, fotografía, ilustración, dirección de fotografía, efectos especiais e postprodución, realización, son e música, interacción co usuario e experiencia, innovación… A peza máis coidada do ano en Galicia.
Este premio recoñece as estratexias de márketing que combinan diferentes canles (en liña e offline) de maneira efectiva para alcanzar os obxectivos da empresa, como aumentar as vendas, mellorar a fidelización ou atraer novos clientes. Valoraranse aquelas campañas que inclúan innovación, sustentabilidade ou responsabilidade social.
Clave: Estratexia global que usa varias canles para lograr obxectivos empresariais.
Este premio distingue as campañas enfocadas en fortalecer ou construír unha marca. Valoraranse os proxectos que cren/melloren a identidade e os valores da marca, creando unha conexión emocional duradeira co público.
Clave: Proxectos que constrúen e reforzan a marca.
Premiaranse as accións puntuais deseñadas para dar a coñecer a marca e conectar directamente co público. Valoraranse as iniciativas creativas e impactantes que xeren unha experiencia memorable, como promocións, eventos ou campañas de street márketing.
Clave: Accións creativas e directas que conectan co público
Estes premios distinguen a excelencia e as boas prácticas das relacións públicas e da comunicación organizacional en todas as súas vertentes premiando os mellores proxectos de comunicación producidos en Galicia. Esta categoría recoñece o conxunto de accións de comunicación, de compañías ou organizacións de calquera tamaño, dirixidas tanto a públicos internos como externos, a través de múltiples soportes, todo iso integrado de maneira coherente. Este conxunto de accións pode ter distintos obxectivos:
Recoñeceranse dentro desta categoría plans e estratexias de comunicación, interna ou externa, que engloben: accións de comunicación que potencien a motivación e o compromiso, accións de comunicación de cambios organizacionales, accións de comunicación de coidado dos empregados, acción e execución de plans de comunicación para a xestión de crise e accións de comunicación de propósito de marca (comunicación de propósito, accións de comunicación dirixidas a mellorar o posicionamento de marca, e casos de comunicación orientados a transmitir o cambio en denominación de marca e/o redeseño de identidades visuais).
Neste apartado prémianse os mellores traballos de comunicación relacionados coa sostibilidade, o medio ambiente, a acción e o compromiso social e o bo goberno, así como as áreas estratéxicas das organizacións. Recoñecen os mellores traballos de comunicación relacionados coa acción social das empresas e as organizacións ou con compromisos vinculados á igualdade de xénero e oportunidades, inclusión etc. Os mellores traballos vinculados á preservación do medio ambiente e/ou a concienciación cidadá a este respecto. Os mellores traballos de comunicación cuxo obxectivo é difundir mellores prácticas en goberno corporativo. Recoñécense tamén nesta categoría os mellores informes de información non financeira das empresas, ben sexan exercicios voluntarios aos que non aplica a Lei 11/2018, ou obrigatorios.
Ademais das memorias explicativas e materiais, tódolos proxectos presentados deberán especificar os obxectivos a acadar e os resultados obtidos.
En ambos casos, o xurado deberá avaliar o grao de claridade da mensaxe que transmite o proxecto e o seu grao de adecuación ao público ao que se dirixe. En termos de efectividade, o xurado valorará o grao de consecución dos resultados obtidos co proxecto de acordo con os obxectivos previstos. Se nalgunha das categorías concorrese un só candidato, o xurado avaliará ese traballo premiándoo no caso de que sexa merecedor do recoñecemento.
Premiarase calquera evento que se enmarque nas seguintes categorías: convención de empresa, congresos profesionais, evento de promoción de organización ou marca, presentación de produto, galas de empresas ou entidades; eventos de protocolo, galas, homenaxes, fam trips, workshops profesionais ou feiras. Premiaranse os eventos, valorándose, entre outros, os seguintes criterios globais: estratexia, programación e adecuación ao cliente e aos obxectivos; coherencia do evento no seu conxunto e integración con outros aspectos da comunicación; creatividade, posta en escena e loxística; e impacto e retorno.
Premiarase aquel evento cuxo eixo principal se base na organización dunha actividade de carácter cultural, gastronómica ou musical e que destaque pola súa programación, produción, innovación, sostibilidade e maior impacto conseguido segundo o obxectivo inicial establecido.
PREMIOS ESPECIAIS:
Este galardón ten como obxectivo recoñecer, a xuizo do xurado, aquela candidatura que destaque, de maneira significativa, sobre o resto nalgún aspecto relacionado ca impresión, o deseño, a creatividade, o márketing, a comunicación e cos eventos.
A elección do Premio Paraugas de Ouro deberá xustificarse por parte de xurado, podendo quedar deserto se o estima oportuno. A elección do Premio Paraugas de Ouro farase entre as candidaturas finalistas da IX Edición dos Premios Paraugas e considérase o maior premio dos Premios Paraugas.
Os Premios Paraugas son una plataforma ideal para poñer en valor o talento do noso sector e axudar a súa difusión. Polo tanto, queremos servir de canle para visibilizar e promocionar o talento das novas xeracións a través do Premio Paraugas Novos Talentos.
Outorgarase un único premio a aquel traballo que o xurado considere que destaque nalgunha das seguintes categorías que engloban os Premios Paraugas: deseño, creatividade, márketing, comunicación ou eventos.
Nesta edición, os Premios Paraugas invitan o público a participar como xurado. A votación podrá realizarse na páxina web onde se difundan os traballos finalistas. As condicións e prazos establecidos para realizar a votación comunicaranse previamente na web dos Premios Paraugas.
O fallo do xurado popular darase a coñecer durante a celebración da Gala dos Premios Paraguas 2024.
A esta nova convocatoria poderanse presentar todos os profesionais de orixe galega, ou con residencia en Galicia, ou organizacións con razón social en Galicia que desenvolvan íntegramente o traballo do premio no que se presentan. Tamén o poderán facer aquelas empresas e institucións con razón social na comunidade autónoma de Galicia, ou fóra, que presenten traballos a calquera das categorías dos Premios Paraugas levados a cabo, na categoría a que optan o premio, por estudios, axencias ou empresas galegas.