A cancelación da inscrición debe ser realizada pola persoa que presentou a candidatura e solicitada vía mail á seguinte dirección: info@clustercomunicacion.gal, indicando o motivo da baixa.
O prazo para solicitar a cancelación da inscrición será de 5 días naturais contados a partir da data de alta da inscrición e, en todo caso, nunca superior ao día de peche das inscricións (31 de outubro).
A devolución da inscrición relizarase no prazo máximo de 15 días naturais desde a recepción de petición da cancelación vía transferencia bancaria ao número de conta que nos faciliten previamente.