Marta Rico e Miguel García Vizcaino, fundadores da axencia de publicidade Sra. Rushmore no ano 2000, recibirán o Premio Honorífico de Creatividade da IX edición dos Premios Paraugas. Desde a súa xencia teñen creado anuncios para marcas de practicamente todos os sectores: campañas para o Atlético de Madrid, a popular ‘Defender la alegría’ que fixeron para o PSOE para as Eleccións Xerais de 2008, a campaña ‘Radio Colifata’ para Aquarius, a emotiva ‘Benditos bares’ para Coca-Cola ou os do Nadal ‘Elfos’ do Corte Inglés, están firmadas por eles.
O Clúster da Comunicación de Galicia recoñece así a achega dos creativos ao mundo da publicidade, cunha gran traxectoria na que asinaron campañas, marcadas pola sensibilidade e a transgresión, que xa forman parte do imaxinario colectivo.