Obxectivos e retos:
Corrixir un problema reputacional severo arredor da minería en Galicia, asociada a impactos ambientais e conflitos sociais, e situar á Cámara Mineira coma un actor vinculado á sustentabilidade, ao futuro e á riqueza responsable para o país. O reto era construir un relato crible nun sector especialmente sensible.
Resultados:
Definiuse unha proposta de valor clara (“Minería responsable para o futuro de Galicia”) e un rebranding que actualiza logo, recursos gráficos e ton de comunicación. O novo ecosistema visual e narrativo permite á entidade conectar mellor coa sociedade, mellorar a súa percepción pública e atraer talento e aliados estratéxicos.

