Obxectivos e retos:
A través do Xara Fest, festival de música organizado por unha asociación xuvenil da mariña lucense, búscase dinamizar a contorna, darlle voz a artistas locais e crear un evento co que a mocidade se identifique. O reto da dirección creativa e da identidade visual é construír unha marca de festival recoñecible, coherente e cun relato propio que faga que quen asiste se sinta orgulloso e apegado ao lugar onde medrou.
Resultados:
O proxecto medra ano tras ano, cun aumento continuado de asistentes e relevancia, ata converter o Xara Fest nunha cita cada vez máis consolidada no calendario estival da mariña lucense e do occidente asturiano. A identidade visual axuda a posicionar o festival e a reforzar a súa percepción como evento de referencia na zona.


















