Obxectivos e retos:
O obxectivo deste libro é servir como escolma dun século de literatura infantil e xuvenil en lingua galega e deixar constancia da exposición que co mesmo título celebrárase un ano atrás. O texto utiliza o concepto de árbore que vai configurando a súa follaxe ao longo do tempo con historias, as que contan os libros.
Resultados:
Unha publicación que a pesar da súa complexidade técnica móstrase honesta e sinxela, reforzando a metáfora da «árbore de historias» en cada detalle. Galicia xa conta cunha publicación de gran impacto visual que recolle un anaco da súa historia dun xeito ameno e divulgativo que facilita a elección das lecturas da rapazada a familias e docentes, e ao público xuvenil.

































