Skip to content

Voltarei: unha homenaxe á emigración galega

Real Club Celta
Cliente: Real Club Celta

Obxectivos e retos:
Render homenaxe á emigración galega e ao vínculo entre Galicia e a súa diáspora, empregando a linguaxe emocional do club. O reto era crear unha estratexia de comunicación que fose máis aló da campaña puntual e se vivise como recoñecemento colectivo.

Resultados:
A acción xerou unha forte implicación emocional entre afección e comunidade galega no exterior, reforzando o papel do Celta como símbolo de identidade. A repercusión mediática e social consolidou o proxecto como unha das accións máis significativas do club neste ámbito.