FORMAS DE PAGO
O abono do dereito de inscrición realizarase no momento da inscrición e as opcións de ingreso indicaranse na propia web do premio.
O pago deberá facerse online. Soamente dispoñerá de 48 h para realizar o pago unha vez recibido o mail de confirmación de rexistro da inscrición e, en calquera caso, nunca pode ser despois do 9 de novembro de 2022. Se pasado ese tempo non se abona o dereito de inscrición, a candidatura quedará fóra do concurso.
Mediante transferencia bancaria (é imprescindible que nos envíe copia da transferencia ao correo electrónico info@clustercomunicacion.gal nun prazo máximo de 48 h. Unha vez que comprobemos o ingreso na entidade bancaria, recibirá un mail coas indicacións da presentación do traballo a participar no Premio)
Mediante tarxeta de crédito, TPV Virtual
Unha vez feito o pago, a persoa que realizará a inscrición recibirá un mail onde se lle indicará como efectuar a presentación do traballo á categoría que opte participar.