Ourense acolleu de novo a gala da VII edición dos Premios Paraugas do comunicación e o marketing galegos. Preto do 60 finalistas do sector, ademáis de profesionais, responsables de empresas e autoridades déronse un ano máis cita en Expourense para celebrar as mellores ideas e proxectos de comunicación e o marketing.
A gala, conducida polos xornalistas Luis Fraga e Belén Xestal, destacou os mellores traballos nas sete categorías:
- Categoría Impresión e Edición
- Categoría Deseño (Premios GAIN)
- Categoría Creatividade
- Categoría Márketing Dixital (Premios .Gal)
- Categoría Márketing (Premios Avante)
- Categoría Comunicación (Premios Roi Scroll)
- Categoría Eventos (Premios TAC!)
Na gala de entrega de galardóns tamén se fixo entreda dos premios honoríficos 2022 que este ano recaeron no xornalista Xabier Fortes e o histórico publicista José María Lapeña.