O Teatro Jofre de Ferrol foi o encargado este ano de acoller á VIII edición dos Premios Paraugas. Preto de 55 finalistas vestíronse de gala para acudir á gran gala anual do márketing e da comunicación, na que se escolleron os mellores proxectos e ideas de Galicia neste 2023. Trátase duns premios desde o sector e para o sector que teñen como obxectivo recoñecer a excelente labor dos profesinais galegos.
A gala, conducida polos xornalistas Luis Fraga e María Lamela, destacou os mellores traballos nas seis categorías e nos dous premios especiais:
- Categoría Impresión
- Categoría Deseño
- Categoría Creatividade
- Categoría Márketing
- Categoría Comunicación
- Categoría Eventos
PREMIOS ESPECIAIS
- Premio Paraugas de Ouro
- Premio Paraugas Novos Talentos
Na entrega de galardóns tamén se outorgaron os premios honoríficos 2023, que nesta edición recibiron a xornalista Rosa Vila e un dos publicistas máis destacados do panorama internacional Luis Bassat.