Skip to content

Para poder presentar proxectos aos Premios Paraugas, é necesario formalizar previamente a inscrición mediante o formulario correspondente, seleccionando a modalidade que se axuste ao perfil da empresa ou entidade participante.

Procedemento de inscrición:

  1. Seleccionar a modalidade de inscrición entre as catro dispoñibles.
  2. Cubrir o formulario de inscrición asociado á modalidade escollida.
  3. Unha vez completado, enviarase un correo electrónico coas claves de acceso.
  4. Con esas claves, poderanse presentar os proxectos nas categorías correspondentes.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de outubro de 2026 inclusive.