Os equipos das empresas de publicidade, comunicación, deseño, creatividade e eventos déronse cita nunha gran celebración na que enxalzaron a fortaleza dun sector estratéxico para Galicia
Os Premios Paraugas están organizados polo Cluster da Comunicación de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, o Concello de Ferrol e a colaboración da Deputación da Coruña.
Ferrol, 17 de novembro de 2023.- Os VIII Premios Paraugas que outorga o Cluster de Comunicación de Galicia teñen o obxectivo de destacar a pluralidade e fortaleza dun sector económico estratéxico para a comunidade galega. Esta noite, os proxectos publicitarios e de comunicación máis innovadores, creativos e de maior impacto positivo brillaron nun certame no que se celebrou o talento galego.
Á gala asistiu o novo equipo da directiva do Cluster de Comunicación de Galicia, así como o vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Diego Calvo; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a delegada da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, e a diputada de Planes Provinciales y Asistencia a Municipios de la Diputación de A Coruña, Cristina García.
A xornalista Rosa Vilas recolleu nesta xornada o Premio Honorífico, co que o Cluster de Comunicación quixo recoñecer a súa traxectoria e enxalzar o seu papel como pioneira por ser a primeira muller en ocupar un cargo directivo na Televisión de Galicia.
Os gañadores desta edición foron escollidos por un xurado de expertos que resaltou a calidade das propostas deste ano, que estiveron preto das 300, e sobre as que se escolleron un total de 55 finalistas. O presidente do Cluster de Comunicación de Galicia, Alberto Garnil, sinalou que “é un orgullo representar a este sector, que ademais de promover o crecemento económico da comunidade, consegue inspirar a sociedade mediante as ideas”.
VIII Premios Paraugas
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel ● Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
- Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo Premio Paraugas ao Mellor Packaging
- Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés
Categoría Deseño
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
- Mobalco. Cenlitros e Marcos Dopico
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto ● Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
- AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
Categoría Creatividade
Premio Paraugas á Mellor Idea
- Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
- Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
- Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio – Greenpeace Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
Categoría Márketing
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
- Fontecelta sen filtros. Fontecelta
Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
- Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax
Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
- ¿Hacemos match? Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
- #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Categoría Comunicación
Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación ● Himno Oliveira dos Cen Anos. RC Celta
Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
- Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders Categoría Eventos
Premio Paraugas ao Mellor Evento
- Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen) Premios Paraugas ao Mellor Festival
- Festival PortAmérica. Esmerarte
PREMIOS ESPECIAIS
Premio Paraugas Novos Talentos
- Retratados. Elena Bengoa Fernández
Premio Paraugas de Ouro
- Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo Cluster de Comunicación de Galicia
O Cluster de Comunicación de Galicia, fundado no ano 2007, representa na actualidade a cadea de valor da comunicación de Galicia integrada polos sectores da impresión, deseño, creatividade, comunicación, márketing e eventos.
O Cluster está conformado por empresas do sector, empresas tecnolóxicas, entidades de formación e asociacións profesionais como a Asociación Galega de Marketing MARKEA, a Asociación de Directivos de Comunicación- DIRCOM Galicia, CREATIVIDADE GALEGA e OPC Galicia. O Cluster representa ao 20,6% do empleo sectorial e preto do 40% da facturación sectorial.
O obxectivo da entidade é representar a estes sectores, para poñer en valor as capacidades dos seus profesionais, mellorar a súa competitividade e potenciar a creatividade e innovación para convertelos en referentes do mercado nacional e internacional.
No último exercicio, tras celebrar eleccións, renovaron a xunta directiva, que agora lidera Alberto Garnil, director xeral da axencia creativa Recados Carmen, xunto a José Cabanas, presidente da Asociación Galega do Marketing, como vicepresidente; José Manuel Regueiro, socio fundador do Grupo Raíz, como secretario, e Mar Delgado, directora xeral de Atelier Gráfica Visual, como tesoreira. Asemade, as vocalías están representadas por Marta Ferro (Closet Comunicación), Jacobo Bermejo (Tórculo), José Emilio Arán (Gráficas Anduriña), Ana María García (OPC Galicia), Julián abad (Creatividade Galega), Tesa Díaz-Faes (Dircom) e David Silvosa (Costa).
INFORMACIÓN PARA PRENSA
Comunicación: Isabel Blanco | +34 660 308 188 | comunicacion@clustercomunicacion.gal Acceso á sala de prensa.