O concello de Ferrol acolleu a rolda de prensa da VIII edición dos Premios Paraugas
A presentación desta nova edición veu da man do Alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, a Directora da Axencia Galega de Innovación-GAIN, Patricia Argerey, o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, a Directora Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiro e o Presidente del Clúster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil. Así, destacaron as dúas novidades máis importantes desta nova edición: o cambio de sede dos premios de Ourense a Ferrol e a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro e o Premio Novos Talentos.
A gala de este ano será o vindeiro 17 de novembro no teatro Jofre, de Ferrol, unha nova cita na que os profesionais galegos se vestirán de gala para celebrar a gran festa do márketing e da comunicación de Galicia onde se porá en valor o traballo das empresas de comunicación no ámbito da impresión, o deseño, a creatividade, o márketing, a comunicación e os eventos.
As pasadas 7 edicións, con 129 premios entregados, 1682 candidaturas recibidas e 2o profesionais homexeados, foron o escaparate idóneo para demostrar que o sector da comunicación en Galicia encóntrase forte, representativo e con un gran talento valorado non só en Galicia se non tamén fóra das súas fronteiras.
O prazo de inscrición está xa aberto e estenderase ata o vindeiro 31 de outubro.