- O Clúster da Comunicación de Galicia organiza o certame, co que buscan poñer en valor a calidade do traballo feito desde a comunidade e destacar a función da creatividade, o deseño, a impresión, edición, márketing, comunicación e eventos como medio para aumentar a competitividade e a innovación
- Nesta edición haberá un novo galardón, o Premio do Público, que se outorgará ao proxecto máis votado polo público entre os finalistas. O prazo de inscrición para participar xa está aberto.
Ferrol, 24 de setembro 2024. – Os IX Premios Paraugas xa teñen data. Celebraranse o 22 de novembro en Ferrol, unha noite na que a industria galega da comunicación e o marketing lucirá os seus mellores proxectos, para recoñecer aos máis destacados en diferentes categorías. O Clúster da Comunicación de Galicia organiza o certame, que busca poñer en valor a calidade do traballo feito desde a comunidade, así como enxalzar a función da creatividade, o deseño, a impresión, a edición, o márketing, a comunicación e os eventos como medio para aumentar a competitividade e a capacidade de innovación.
Neste sentido, os diferentes premios valorarán a aqueles traballos ou estratexias de creatividade que destacan pola súa innovación, funcionalidade, boas prácticas e resultados. Cada categoría –impresión, deseño, creatividade, márketing, comunicación, eventos– contará con varios premios e como novidade para esta edición o público tamén terá voto. O Premio do Público levarao o proxecto finalista máis votado. Ademais, durante os Premios Paraugas outorgaranse dous recoñecementos especiais, o Premio Novos Talentos -dirixido a mozos de entre 18 e 25 anos, profesionais ou estudantes- e o Paraugas de Ouro, considerado o máis grande do certame, xa que se outorgará ao proxecto que destaque de forma especial por encima dos seus competidores, de calquera categoría. En total, durante a gala, entregaranse 18 premios, valorando a
calidade da industria da comunicación e o márketing en Galicia así como a todas as empresas e profesionais que durante o ano levárona ao primeiro nivel cos seus proxectos.
O prazo de inscrición xa está aberto e os interesados, que poden ser tanto as empresas ou entidades desarrolladoras do proxecto como os clientes das mesmas, en todo caso con sede en Galicia, poden inscribirse en https://premios.clustercomunicacion.gal/ As propostas que se presenten deberán estar realizadas entre o 1 de novembro de 2023 e o 15 de outubro de 2024 – coincidindo co peche do período de inscrición-.
O Clúster da Comunicación de Galicia
O Clúster da Comunicación de Galicia ten o obxectivo de reunir aos profesionais do sector, a toda a cadea de valor da industria en Galicia, poñendo en valor ás súas empresas e profesionais do márketing, comunicación, deseñadores, creativos, axencias de publicidade, axencias de medios, eventos ou impresores. Actualmente está integrado por 233 entidades, entre as que se atopan empresas, asociacións e centros tecnolóxicos ou de formación.
CATEGORÍAS E PREMIOS
IMPRESIÓN
Mellor traballo de impresión papel
Mellor traballo de gran formato
Mejor packaging
DESEÑO
Mellor deseño gráfico
Mellor deseño industrial ou de produto
Mellor deseño dixital
CREATIVIDADE
Mellor Idea
Mellor campaña
Mellor produción (craft)
COMUNICACIÓN
Mellor extratexia global de comunicación
Mellor práctica/estratexia na comunicación de Responsabilidad Social da Empresa
EVENTOS
Mellor evento
Mellor festival
MARKETING
Mellor estratexia de marketing
Mellor acción de branding
Mellor activación de marca