Skip to content

Elixibilidade para Votar

A votación está aberta a todas as persoas maiores de 18 anos interesadas en participar. Non é necesario residir en Galicia para votar.

Proceso de Votación

Cada votante poderá emitir un único voto, elixindo só un proxecto entre os nomeados en cada categoría.

Restrición de Voto Único

Para garantir a transparencia e equidade no proceso, cada persoa poderá votar unha soa vez por categoría e proxecto. Non se permite a votación múltiple en ningunha categoría nin o voto por varios proxectos na mesma categoría.

Verificación de Votantes

Para asegurar que cada votante participe só unha vez, solicitarase un enderezo de correo electrónico válido e único para o rexistro de cada voto. Nalgúns casos, pode ser que se solicite unha verificación adicional.

Duración das Votacións

As votacións estarán abertas desde o 12 de novembro de 2025 ata o 19 de novembro de 2025 ás 23:59h, período durante o cal todos os interesados poderán participar.

Invalidez de Votos Duplicados

No caso de detectar votos duplicados ou intentos de manipulación, os votos adicionais ou sospeitosos serán invalidados e tomaránse as medidas necesarias para manter a integridade do proceso.

Resultados Finais

Os gañadores de cada categoría serán anunciados durante a cerimonia dos Premios Paraugas o 21 de novembro no Teatro Jofre, Ferrol. Os resultados das votacións serán finais e non se poderán apelar.