All You Need
In One Single
Theme.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat
Search here:

Blog

Home > Notas 2023  > Un total de 55 finalistas disputaranse os galardóns das categorías e seccións especiais dos VIII Premios Paraugas

Un total de 55 finalistas disputaranse os galardóns das categorías e seccións especiais dos VIII Premios Paraugas

Os xurados destacaron a “elevada calidade dos proxectos desenvoltos no último exercicio” na comunidade galega nos eidos da comunicación, do márketing, da publicidade e do deseño.

Os Premios Paraugas están organizados polo Cluster da Comunicación de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, o Concello de Ferrol e a colaboración da Deputación da Coruña.

Ferrol, 13 de novembro de 2023.- O Cluster de Comunicación de Galicia desvela o listado de finalistas para os VIII Premios Paraugas, que terán lugar o vindeiro 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol. Un total de 55 finalistas teñen a posibilidade, por tanto, de alzarse cos galardóns que se entregarán nas seis categorías e os premios especiais que conforman o certame. Estes candidatos chegan ́a última fase da competición tras ser elixidos polos
xurados entre preto de 300 inscritos. Os equipos que avaliaron as candidaturas presentadas destacaron a “elevada calidade dos proxectos que se desenvolveron en Galicia no último exercicio” e que, por tanto, reflexan o auxe dun sector estratéxico para a comunidade galega, o da comunicación e a publicidade.
Os membros destes xurados que escolleron aos finalistas son reputados profesionais dos sectores da comunicación, a creatividade, o márketing e a publicidade, con gran experiencia e coñecemento sobre estes eidos profesionais. O director xeral creativo de contidos da produtora Bijoux Content, Jon Lanvin, que acumula unha experiencia de máis de 20 anos vencellada a axencias de referencia, exerceu de presidente dos xurados de todas as
categorías. O presidente do Cluster da Comunicación de Galicia, Alberto Garnil, subraiou que “estes premios son do sector e para o sector, polo que estamos orgullosos de poder distinguir traballos e proxectos sobresaíntes e innovadores”.

Finalistas dos VIII Premios Paraugas

Categoría Impresión

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel

● Catálogo Qualität. Tórculo Comunicación Gráfica
● Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
● Wunderkammer. Gráficas Anduriña

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
● Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo
● É leite, é Leyma. Impresores galegos – Quattro idcp
● Espacio Seguro Hogar en Oficinas. VMAR – Metronoventa – Abanca Seguros

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Packaging
● Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés Categoría Deseño

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
● Mobalco. Cenlitrosmetrocadrado e Marcos Dopico
● Pack especial Centenario del RC Celta. Grupo 76 – Hijos de Rivera (Estrella
Galicia)
● Y se a(r)mó la Gorda. As Peaky Branders – Outro Conto

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto● Parga. Cenlitrosmetrocadrado
● Premio para Cátedra de Transición Enerxética. Jorge San Luis
● Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
● Web Moirai.Ingenyus Marketing Inteligente
● AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
● Web Footfeel. FatherTM

Categoría Creatividade
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Idea
● Crash Test Medicines. Wise – COFC

● Vigo Cuestas Adaptability. As Peaky Branders – Revista Cultural A Movida
Vigo
● Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Campaña
● Campaña Turismo 2023. Idea Creatividad y Comunicación – Turismo de
Galicia
● Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
● The Perfect Guiri. Tío Phil – Brewdog

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
● Arturo Amargo. La Bitter de Fábrica de Cervezas. Tony Le Brand – Hijos de
Rivera (Estrella Galicia)
● Beethoven – Muy Flexi, muchos cars. Recados Carmen – Flexicar
● Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio –
Greenpeace

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
● Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
● NoPack. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
● Y se a(r)mó la Gorda. As Peaky Branders – Outro Conto
Categoría Márketing

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
● Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
● NoPack. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
● Fontecelta sen filtros. Fontecelta

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
● Serfuja, a funeraria que prevén suicidios. Atalaya Comunicación y
Publicidad
● Por qué somos del Dépor. Imaxe
● Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
● ¿Hacemos match? Bysidecar
● Planazos MEGA. Imaxe – Hijos de Rivera (MEGA)
● El Seguro tan tuyo como tu Hogar. Abanca Seguros – Verve Creative Group
– Proximia Galicia – Metronoventa

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
● Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
● Wovo Revolución Social. Imaxe
● #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera
(Cabreiroá)

Categoría Comunicación
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
● Himno Oliveira dos Cen Anos. RC Celta
● Retorna Cualifica Emprego. Siete Olas Comunicación e Las Dos. Fundación

Venancio Salcines
● Bocatas Electorales. Ahao Studio e López Casanegra Comunicación. Down
Coruña

Finalistas Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación
da Responsabilidade Social Empresarial
● Una silla para uno más. Bap Conde. Grupo Malasa
● Orixe Zeta. Nasas – Gadis e Xunta de Galicia
● Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders
Categoría Eventos

Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Evento
● Festival Creativa. Chachachá Studio – Galería Maraca
● Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen)
● Lanzamento serie Bosé en SkyShowtime. Freebox

Finalistas Premios Paraugas ao Mellor Festival
● O Son Do Camiño. Esmerarte
● Festival PortAmérica. Esmerarte
● SON Estrella Galicia Posidonia. Hijos de Rivera

PREMIOS ESPECIAIS
Finalistas Premio Paraugas Novos Talentos
● En el Valle de la Perserverancia. Isaac Gulías Otero e Lucía Freire Boubeta
● Retratados. Elena Bengoa Fernández
● EspíritudeGnomo. Paola Reboreda Campos

Cluster de Comunicación de Galicia
O Cluster de Comunicación de Galicia, fundado no ano 2007, representa na actualidade a cadea de valor da comunicación de Galicia integrada polos sectores da impresión, deseño, creatividade, comunicación, márketing e
eventos.
O Cluster está conformado por empresas do sector, empresas tecnolóxicas, entidades de formación e asociacións profesionais como a Asociación Galega de Marketing MARKEA, a Asociación de Directivos de Comunicación- DIRCOM Galicia, CREATIVIDADE GALEGA e OPC Galicia. O Cluster representa ao 20,6%
do empleo sectorial e preto do 40% da facturación sectorial. O obxectivo da entidade é representar a estes sectores, para poñer en valor as capacidades dos seus profesionais, mellorar a súa competitividade e potenciar a
creatividade e innovación para convertelos en referentes do mercado nacional e
internacional.
No último exercicio, tras celebrar eleccións, renovaron a xunta directiva, que agora lidera Alberto Garnil, director xeral da axencia creativa Recados Carmen, xunto a José Cabanas, presidente da Asociación Galega do Marketing, como vicepresidente; José Manuel Regueiro, socio fundador do Grupo Raíz, como
secretario, e Mar Delgado, directora xeral de Atelier Gráfica Visual, como tesoreira. Asemade, as vocalías están representadas por Marta Ferro (Closet Comunicación), Jacobo Bermejo (Tórculo), José Emilio Arán (Gráficas
Anduriña), Ana María García (OPC Galicia), Julián abad (Creatividade Galega), Tesa Díaz-Faes (Dircom) e David Silvosa (Costa).

INFORMACIÓN PARA PRENSA
Comunicación: Isabel Blanco | +34 660 308 188 | comunicacion@clustercomunicacion.gal
Acceso á sala de prensa.