All You Need
In One Single
Theme.
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetuer adipiscing elit, sed diam nonummy nibh euismod tincidunt ut laoreet dolore magna aliquam erat
Search here:

Blog

Home > Notas 2023  > Luis Bassat e Rosa Vilas, Premios Honoríficos dos VIII Premios Paraugas do Cluster da Comunicación de Galicia

● A xunta directiva do Cluster da Comunicación de Galicia, recoñece a gura da xornalista Rosa Vilas, pioneira no seu sector, e a do publicista Luis Bassat, referente internacional en márketing e comunicación.
● A VII edición terá lugar, por primeira vez, en Ferrol e inclúe dúas novas categorías de galardóns.
● Os Premios Paraugas desvelan os nomes dos profesionais que compoñen os xurados.


Os Premios Paraugas están organizados polo Cluster da Comunicación de Galicia co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación, o Concello de Ferrol e a colaboración da Deputación da Coruña.


Ferrol, 3 de novembro de 2023.

Os Premios Paraugas, cuxa entrega degalardóns terá lugar o vindeiro 17 de novembro no Teatro Jofre de Ferrol,concede a Rosa Vilas e a Luis Bassat os Premios Honoríficos desta edición para destacar a carreira profesional da primeira muller directora da Televisión de Galicia e dun dos grandes referentes internacionais no eido publicitario.

A traxectoria de Rosa María Vilas (Cambados, 1966) está vencellada á historia da CRTVG, xa que en 2009 converteuse na primeira muller en ocupar o cargo de directora da Televisión de Galicia e, previamente, foi a primeira muller que exerceu como redactora xefa e subdirectora de informativos nesta mesma canle. O Premio Honorífico dos VIII Premios Paraugas enxalza, por tanto, o destacado labor como xornalista de Rosa Vilas e tamén o seu papel como pioneira no seu sector.

Tras licenciarse en Xornalismo na Universida de Complutense de Madrid, os primeiros pasos profesionais de Rosa Vilas estiveron vencellados á Cadena SER, nos servizos informativos. Posteriormente, en 1989, comezou a súa traxectoria na CRTVG, nos primeiros anos como presentadora e editora do telexornal do mediodía, e posteriormente en cargos directivos.

Tras ser nomeada Directora-Xerente de Televisión de Galicia en 2009, en 2014 pasou a ser a Directora da División de Radio e Televisión de Galicia da CRTVG.

Máis adiante, en 2017 foi nomeada Directora Adxunta á Dirección Xeral da CRTVG e, posteriormente, Directora de Organización e Xestión do Cambio, adxunta á Dirección Xeral da CRTVG responsable do deseño e desenvolvemento da dixitalización e do modelo produtivo da CRTVG como operadora dixital multimedia, multi-plataforma e multi-canle.

Ao longo da súa carreira profesional, Rosa Vilas recibiu distincións como o Premio Talento de Televisión da Academia da Televisión en 2014 ou o Premio Enrique Beotas na modalidade de entrevista en 2016.

Pola súa banda, Luis Bassat (Barcelona, 1941) é un dos publicistas españois elatinoamericanos máis reputados e recoñecidos do panorama internacional. Ao longo da súa traxectoria recibiu máis de 500 premios, nacionais e internacionaise impartiu máis de 2.000 conferencias sobre comunicación, creatividade, márketing, publicidade e arte por todo o mundo. É o fundador e foi o presidente do Grupo Bassat Ogilvy de España, co-presidente e director creativo de OgilvyEuropa, África e Oriente Medio. E a estes cargos tamén hai que sumar o de presidente do Consello Creativo mundial de Ogilvy.

Luis Bassat é autor de libros de referencia como El Libro Rojo de la Publicidad (1993), El Libro Rojo de las Marcas (1999), La verdad en la publicidad (2005), Confesiones personales de un publicitario (2008), Inteligencia Comercial (2011), El Libro Rojo de la Vida (2013), La Creatividad (2014), El Arte de mi vida (2015) e Sueña como Luther King, habla como Obama, manda sin mandar y sé tú mismo (2020).

Luis Bassat é, ademais, xunto a súa muller, coleccionista de arte contemporáneo, e a súa colección exponse na sala Nau Gaudí de Mataró e en espazos de exposición de localidades españolas como Ávila, Valladolid, Alcobendas, Sevilla, Cádiz, Huelva, Jaén, Córdoba e en cidades internacionais como Bulgaria, Polonia ou Nueva York.

VIII Premios Paraugas, unha edición renovada
A nova xunta directiva do Cluster da Comunicación de Galicia, con Alberto Garnil como presidente, presenta unha oitava edición dos Premios Paraugas renovada e con múltiples novidades. Os premios manteñen o obxectivo co que foron creados: poñer en valor a calidade do traballo do sector da comunicación en Galicia, a través dunha convocatoria con seis categorías nas que se enxalzarán proxectos de impresión, deseño, creatividade, márketing, comunicación e eventos.

Dúas das novidades máis destacadas desta edición son a creación de dous premios especiais: o Premio Paraugas de Ouro, que recoñecerá a candidatura máis destacada da edición, e o Premio Paraugas Novos Talentos, co que se visibilizará o talento das novas xeracións.

Un xurado de excelencia
Os xurados que, nesta oitava edición, avaliarán o traballo creativo, os proxectos editoriais, os deseños e as pezas publicitarias e de márketing que compiten nas seis categorías que conforman o certame, serán reputados profesionais do sector:

Categoría Comunicación:
– María Sande, xefa do departamento de Comunicación de Coca Cola European Partners
– Fuencisla Cid, directora rexional de Comunicación, Relacións Institucionais, Márketing e Sostibilidade de El Corte Inglés Galicia e Asturias
– Pedro Linares, xerente en Villafañe & Asociados Consultores.
– Patricia Sánchez, xefa do Sector Políticas e Comunicación da Axencia Europea de Control da Pesca.

Categoría Impresión:
– Nuria Casal, profesora Artes Grá cas Colexio Hogar de Vigo
– José Carlos Santos, director creativo e de produción en edicións Bolanda
– Ricardo Fernández, profesor de Artes Grá cas
– Alberto Carballido, deseñador grá co en Novagarda

Categoría Deseño:
– Conchi Mayo, fundadora e directora de Dardo e presidenta da Fundación DIDAC.
– Alberto Rodríguez, deseñador grá co. Fundación USC – Servizo de Edición e Impresión Dixital
– Carmen Bouza, especialista en deseño de produtos dixitais en Accenture Song

Categoría Creatividad:
– Jon Lavin, director creativo e fundador de Madrid Content School
– Carlos Fernández, director de Corre Lola Corre
– Miguel Rego, socio fundador de LAPERA
– Farruca Maristany, fundadora de Occidente Comunicación
– Marcos Mosquera, socio fundador de Mosk Studio

Categoría Márketing:
– Teresa Fernández, adxunta á dirección e responsable de márketing e comunicación de Grupo Castrosua
– María Díaz, responsable de márketing de Cafés Candelas
– Elena Murillo, directora de márketing e comunicación en Grupo Nortempo
– Brandan Gómez, director de márketing de Quescrem
– Adrián Salgado, director de márketing de Zelnova Zeltia

Categoría Eventos:
– Pablo Novoa, músico e produtor discográ co
– Javier Becerra, periodista especializado en música en La Voz de Galicia
– Yolanda Barbeito, ex-presidenta de OPC Galicia
– Lorena Rey, consultora e docente en márketing

Os xurados, estarán presididos, nesta ocasión, por Jon Lavín, que iniciou a súa carreira como redactor en Bassat Ogilvy e, posteriormente traballou como creativo en axencias destacadas do sector durante máis de 20 anos, polo que é un gran referente.

Jon Lavín foi director creativo en Contrapunto BBDO e DDB Madrid; director creativo executivo de Villar-Rosàs Madrid; Global Creative Director en The Cyranos/McCann e, do 2012 ao 2019, director creativo executivo de McCann. Ao longo da súa traxectoria, recibiu máis de 250 premios en festivais nacionais e internacionais e en 2023 nomeárono o profesional con máis Ouros da historia do Club de Creativos de España, onde tamén foi membro da xunta directiva. Neste ano tamén recibiu o Premio á Traxectoria pola Universidade Camilo José Cela e foi elixido como un dos “100 mellores creativos no mundo de negocios” pola revista Forbes. Foi profesor en diferentes universidades e fundou a Madrid Content School, a primeira escola de fala hispana especializada en branded content. En 2020, fundou, xunto ao director de cine Daniel Sánchez Arévalo, Bijoux Content, unha produtora creativa especializada en branded content, na que desempeña o cargo de director xeral creativo de contidos.

Cluster de Comunicación de Galicia
O Cluster de Comunicación de Galicia está integrado por 233 entidades dos sectores do márketing, comunicación, impresión, edición e os eventos en Galicia. O obxectivo desta organización é representar a estes sectores, para poñer en valor as capacidades dos seus profesionais e potenciar a creatividade e innovación para convertelos en referentes do mercado nacional e internacional.

As empresas, asociacións, centros tecnolóxicos e de formación que integran esta organización forman parte, a súa vez, de Markea, Dircom e Creatividade Galega.

No último exercicio, tras celebrar eleccións, renovaron a xunta directiva, que agora lidera Alberto Garnil, director xeral da axencia creativa Recados Carmen, xunto a José Cabanas, presidente da Asociación Galega do Marketing, como vicepresidente; José Manuel Regueiro, socio fundador do Grupo Raíz Bolaño, como secretario, e Mar Delgado, directora xeral de Atelier Grá ca Visual, como tesoreira. Asemade, as vocalías están representadas por Marta Ferro (Closet Comunicación), Jacobo Bermejo (Tórculo), José Emilio Arán (Grá cas Anduriña), Ana María García (OPC Galicia), Julián abad (Creatividade Galega), Tesa Díaz-Faes (Dircom) e David Silvosa (Costa).

 

INFORMACIÓN PARA PRENSA
Comunicación: Isabel Blanco | +34 660 308 188 | comunicacion@clustercomunicacion.gal